Loading...

Directora


Lara González Cortés - Directora Musical

Lara González Cortés

Directora Musical

Lara González Cortés, directora musical

Natural da vila costeira de Luarca (Valdés, Asturias) e apasionada da música clásica.

Titulada superior en Interpretación, na especialidade de Oboe, e en Dirección de Orquestra, Banda e Coro coas mellores cualificacións no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner (CONSMUPA).

Formación Académica

No 2022 obtén o Título de Máster en Dirección de Orquestra na Escola Superior de Música de Alto Rendemento (ESMAR) e Academia Internacional de Directores de Orquesta (AIDO) baixo a tutela do Mestre Cristóbal Soler.

Durante o ano 2023 realiza o Máster en Interpretación de Música Clásica e Contemporánea na especialidade de Oboe na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) con Dolors Chiralt e Eduardo Martínez, obtendo os mellores resultados.

Experiencia como Oboísta

Como oboista profesional colaborou con orquestras tales como:

  • Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias (OSPA)
  • Orquesta Filarmónica Ciudad de Oviedo (OFIL)
  • Orquesta Sinfónica Juvenil UIMP Ataúlfo Argenta (UIMP)
  • Orquesta Sinfónica del Vallés (OSVALLES)

Recibiu clases de oboístas de prestixio internacional como Juan Ferriol, David Thomas, Juan Carlos Báguena Roig, Eduardo Martínez Caballer, Tom Owen, Marteen Dekkers ou Dolors Chiralt.

Experiencia como Directora

Foi solicitada e invitada por numerosas agrupacións bandísticas, sinfónicas e masas corais:

  • Banda de Música del Ateneo Musical de Mieres (Asturias)
  • Banda de Música Sones del Órbigo (León)
  • Banda Sinfónica de Barcelona
  • Joven Orquesta Sinfónica da FSMCV (Valencia)
  • Orquesta Sinfónica de la ESMAR
  • Orfeó Valecià (Valencia)

En novembro de 2022 participou no I Concurso Internacional de Dirección de Banda Sinfónica "Vila de Bétera" (Valencia) chegando a ser unha das 9 finalistas entre máis de 200 participantes.

Experiencia Profesional Actual

Compaxina a labor pedagóxica como mestra no:

  • Conservatorio Profesional de Música da Agrupación Musical do Rosal
  • Escola de Música da Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia
  • Escola da Banda Xuvenil de Barro

E unha labor de liderado como directora da:

  • Orquestra Xove da Orquestra Sinfónica de Pontevedra
  • Coral Cantares das Burgas (Cuntis)

En outubro de 2023 foi nomeada Directora artística e musical da Banda de Música Municipal de Ribadumia (Pontevedra).

Última revisión: 19/05/2025