A Nosa Escola de Música
A Escola de Música da Banda Municipal de Ribadumia ten como propósito brindar unha educación musical accesible para todas as idades a partir dos 3 anos. Ademais, fomenta o desenvolvemento artístico e persoal, dando aos alumnos a oportunidade de formar parte da banda de música.
Con esta formación buscamos enriquecer a banda con novos talentos que amplíen e revitalicen a súa actual plantilla. Trátase dunha formación non regrada, pero personalizada segundo as necesidades de cada alumno, co obxectivo de garantir o máximo rendemento e preparación, tanto para quen desexe iniciarse na música como afección como para quen teña en mente presentarse a probas de acceso a conservatorios.
Ensino Musical
Música e movemento
Para nenos de 3 a 6 anos. Introdución á música a través do xogo e movemento.
Solfexo
A partir dos 7 anos e para adultos. Desenvolvemento da lectura musical e oído.
Especialidade instrumental
Vento madeira, vento metal e percusión. Aprendizaxe do instrumento escollido.
Taxas Académicas
Ofrecemos unha formación musical de calidade, adaptada ás necesidades de cada alumno.
Música e movemento
Linguaxe musical
Especialidade instrumental
* Taxas vixentes dende o 25 de setembro de 2017. Os alumnos empadroados no Concello de Ribadumia benefícianse de descontos.

