Escola de Música
A Escola de Música da Banda de Música Municipal de Ribadumia ten como propósito brindar unha educación musical accesible para todas as idades a partir dos 3 anos. Ademais, fomenta o desenvolvemento artístico e persoal, dando aos alumnos a oportunidade de formar parte da banda de música.
Con esta formación buscamos nutrir a banda con novos talentos que amplíen a plantilla actual da agrupación. A formación que ofrecemos é non regrada, pero adaptada ás necesidades de cada alumno para garantir un máximo rendemento e preparación para probas de acceso a conservatorios.
Ensino Musical
- Música e movemento: Para nenos de 3 a 6 anos.
- Solfexo: A partir dos 7 anos e para adultos.
- Especialidade instrumental: Vento madeira, vento metal, percusión.

