Loading...

Currículo


compartir WhatsApp

A Nosa Historia


auditorio ribadumia, banda
     A Banda de Música Municipal de Ribadumia foi aceptada en Pleno pola Corporación Municipal do Concello de Ribadumia no ano 1998. Dende o 26 de febreiro dese ano está inscrita con número 1998-4509-1 no Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia. O seu estreo no Concello de Ribadumia tivo lugar no Festival de Bandas de Música celebrado o 31 de maio de 1998, baixo a batuta de Juan Buceta Lago. Nese Festival contou coa colaboración da Banda de Música de Castrelo (Cambados) e a Banda Unión Musical de Meaño. (+info: Novas de 1998 da Presentación en público)
Dende os seus inicios, esta banda estivo apoiada polo Plan Cultural (Pontegal), da Deputación de Pontevedra e polo Concello de Ribadumia. A súa actividade espállase por toda a xeografía galega, norte de Portugal e Asturias.
No ano 2001, esta Banda preséntase ó "I Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra" saíndo gañadora do 3º Premio da sección terceira.
No ano 2004, grava un disco compacto (ver CD) coa colaboración da Coral Polifónica de Vilanova de Arousa no cal se interpretan temas de autoría galega, nacional e internacional.
auditorio ribadumia, banda
No ano 2009, participa no "II Festival Zonal de Bandas da Deputación de Pontevedra", saíndo gañadora do 1º Premio da terceira sección. Dende os inicios, esta agrupación contou cunha Escola de Música na cal se impartían e se se seguen a impartir todas especialidades instrumentais necesarias para a formar excelentes músicos. Na actualidade, esta Escola dependente da Banda Municipal de Ribadumia conta cunha trintena alumnos.
No ano 2018, a banda celebrou o seu 20 Aniversario cun Concerto Extraordinario no que participaron os músicos e directores que pasaron pola formación dende a súa fundación. (Vídeos do Concerto: YouTube)

Directores/as a cargo da Banda dende a 1998 ata a actualidade:
  • 1998 a 2004, Juan Buceta Lago.
  • 2005 a 2006, Diego José Fernández Campos.
  • 2007, José Carlos Gómez Palacios.
  • 2008 a 2009, José Vega Real.
  • 2010 a 2015/08, José Manuel López Fernández.
  • De 2015/10 a 2023/08, Alberto Rocha Soto.
  • Dende 2023/**, ***Proceso de selección de Director/a titular. Ano 2023***.
Na actualidade, a plantilla desta agrupación ronda os trinta e cinco músicos. Dispón dun repertorio moi variado que vai dende música sacra ata a música lixeira, pasando polo folclore galego, nacional e internacional.
 
 
 

Actualizado a 01/09/2023

Avda. Ribadumia 25, 36636 Ribadumia (Pontevedra)
(+34) 686 352 098