Loading...

Directora


Dirección. Lara González Cortés

linkedin lara gonzalez cortes youtube 


lara gonzález cortés directora

Natural da vila costeira de Luarca (ValdésAsturias) e apasionada da música clásica.

Titulada superior en Interpretación, na especialidade de Oboe, e en Dirección de Orquestra, Banda e Coro coas mellores cualificacións no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner (CONSMUPA). No 2022 obtén o Título de Máster en Dirección de Orquestra na Escola Superior de Música de Alto Rendemento (ESMAR) e Academia Internacional de Directores de Orquesta (AIDO) baixo a tutela do Mestre Cristóbal Soler. Así mesmo, durante o ano 2023 realiza o Máster en Interpretación de Música Clásica e Contemporánea na especialidade de Oboe na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) con Dolors Chiralt e Eduardo Martínez, obtendo os mellores resultados.

Como oboista profesional Lara González Cortés colaborou con orquestras tales como a Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias (OSPA), a Orquesta Filarmónica Ciudad de Oviedo (OFIL), a Orquesta Sinfónica Juvenil UIMP Ataúlfo Argenta (UIMP) de Cantabria ou a Orquesta Sinfónica del Vallés (OSVALLES) de Barcelona. Tamén recibiu clases de oboístas de prestigio internacional como son Juan Ferriol, David Thomas, Juan Carlos Báguena Roig, Eduardo Martínez Caballer, Tom Owen, Marteen Dekkers ou Dolors Chiralt.

No eido da dirección foi solicitada e invitada por numerosas agrupacións bandísticas, sinfónicas e masas corais, tales como a Banda de Música del Ateneo Musical de Mieres (Asturias), a Banda de Música Sones del Órbigo (León), a Banda Sinfónica de Barcelona, a Joven Orquesta Sinfónica da FSMCV (Valencia), a Orquesta Sinfónica de la ESMAR ou o Orfeó Valecià (Valencia) entre outros. Recibiu formación no eido da dirección da  man de José Alberto Pina, Fernando Bonete Piqueras, Henrie Adams, Pascual Vilaplana, Marco Antonio García de Paz, García Asensio, Aldo Ceccato, Lucía Marín, Javier Ulises Illán, Ahmed El Saedi, Giovanni Pompeo, Eduardo Portal, Christian Karlen, José Luis Temes ou Cristóbal Soler. En novembro de 2022 participou no I Concurso Internacional de Dirección de Banda Sinfónica “Vila de Bétera” (Valencia) chegando a ser unha das 9 finalistas entre máis de 200 participantes, e recibiendo impresionantes críticas sobre a súa enerxía, entuasiasmo e o futuro artístico prometedor.

Dende maio ata setembro de 2023 ostentou o cargo de Directora Titular da Agrupació Escola Musical 'La Nova' de L'Ollería en Valencia e de profesora na Escola de Música Farré de Barcelona.

Actualmente, compaxina a labor pedagóxica de mestra de oboe e linguaxe musical na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal e o Conservatorio Profesional de Música Coppelia de Vigo cunha labor interpretativa de liderazgo como directora da Coral Santa Eulalia de Luarca (Asturias) e directora da Coral da Asociación de Veciños de Candeán (UVCD).

En outubro de 2023 Lara González Cortés foi nomeada Directora artística e musical da Banda de Música Municipal de Ribadumia (Pontevedra).

 
Revisión: 20/11/2023


Avda. Ribadumia 25, 36636 Ribadumia (Pontevedra)
(+34) 686 352 098