Loading...

Músicos


A Banda de Música Municipal de Ribadumia cos seus anos de traxectoria leva formado moitos e bos músicos que transmiten todo o saber musical aprendido alá onde o sendeiro da vida os leva. Comparten e senten a música coma un dos pilares da súa vida.
En lugar de redactar unha listaxe dos actuais integrantes que conforman esta banda, preferimos recordar e agradecer de corazón ós fundadores que deron vida e nome a esta asociación cultural así como tamén agradecer a todos os compoñentes que pasaron pola escola e banda de música ata a actualidade.
A actual plantilla da Banda de Música Municipal de Ribadumia está conformada por máis dunha trintena de músicos das seguintes familias:
  • Sección Madeira:
    • Frauta. 3
    • Oboe. 0 
    • Requinto. 0
    • Clarinete. 8
    • Saxofón alto. 5
    • Saxofóns tenor. 1
    • Saxofón barítono. 1
  • Sección Metal:
    • Trompa. 2
    • Trompeta. 3 
    • Fliscorno. 1
    • Trombón. 5
    • Bombardino. 2
    • Tuba. 1
  • Sección Percusión. 4
Actualizado a 01/09/2023


Avda. Ribadumia 25, 36636 Ribadumia (Pontevedra)
(+34) 686 352 098